A coordinadora da UNED en Foz, María Fuensanta Otero Beltrán, fixo entrega dos premios do “Photocall da UNED”, unha actividade que tiña por obxecto dar a coñecer a UNED e en especial a nosa Aula Universitaria de Foz. Os participantes tiñan que facerse unha fotografía no Photocall e nunha pizarra escribían unha palabra ou frase do que lles suxería o termo UNED. Este photocall estivo instalado o día 24 de marzo no IES de Foz (onde a UNED de Foz ten a súa sede), e o 26 de marzo no Concello de Foz. A selección dos/as gañadores fíxose a través dun xurado composto por persoal da UNED que determinou que na categoría de maiores de 18 anos se fixera co primeiro premio – un USB de 16Gb- “UNED-distancias curtas”; mentres que o segundo premio -dotado cun USB de 8 GB- recaera en “UNED-educación para todos”. Para os menores de 18 anos os premios coa mesma dotación recaeron en “UNED – crecer” e “UNED – camiño”. A coordinadora agradeceu a participación na actividade e felicitar ós gañadores.