Que non eran poucos os que por aquí pasaban o da a coñecer o sorprender a morte a bó número deles: alemáns, franceses, italianos,ingleses, etc. I era natural que así fora, sobre todo nos primeiros séculos- IX, X, XI- da Reconquista que coinciden coa época de maior grandeza desta igrexa catedralicia. Inseguras as terras do sur, do nacente reino astur-leonés, polas frecuentes excursións da morisma, a ruta norte astur-galaica era a menos exposta por estar mais a cuberto das correrías musulmás….
A Asociación Abrindo Camiño, de ámbito comarcal, que dende Mondoñedo coordina Luis Ansedes, leva anos traballando a prol de que a Xunta recoñeza oficialmente como alternativa ó Camiño, a variante que, pola beiramar,leva de Ribadeo a esa xoia cultural que é San Martiño; sen dúbida o acceso ó mesmo ven a engadir un atractivo de primeiro orde ó que é o Camiño Norte, á espera da nominación de Patrimonio da Humanidade. Este fin de semana mais dun cento de andaluces chegarán a San Martiño, oonde amais do vello cenobio, coa bagaxe da historia e a rica arquitectura – “exemplar único do pre-románico galego”—pode ollarse, mesmo ó seu carón, o Xardín Botánico de Caxigueiro, rebosante de variada e multicor flora, pretiño do obradoiro do que saen as pezas únicas que realiza o prestixoso mestre . Daniel Caxigueiro, naturista, escultor e poeta, pon o contrapunto de vital humanidade a aquel engaiolante museo inanimidado…
Suso Fernández