Site icon Crónica3.com A Mariña

Percorrido histórico-cultural dos alumnos do IES Perdouro pola Mariña Central

perdouro-torvarO departamento de Ciencias Sociais e Relixión Católica do IES Perdouro de Burela organizou un percorrido histórico-cultural pola Mariña Central este mércores 2 de abril no que participaron 54 alumnos de 2º de E.S.O.

O primeiro lugar visitado foi o Castro de Fazouro, onde o alumnado puido comprobar o estado en que se encontra este castro romanizado. Tamén no concello de Foz, visitaron a Basílica de San Martiño de Mondoñedo, lugar no que se detiveron a estudar a arte románica coas explicacións correspondentes do profesorado en canto a arquitectura, escultura e pintura.

Antes de xantar, o grupo viaxou ata Mondoñedo, visitaron a Catedral, centrándose na beleza do Altar Maior, nas pinturas góticas, no fermoso rosetón e na variedade de estilos da fachada deste Monumento Nacional.

Pola tarde, achegáronse ata o recén inaugurado Pazo de Tovar, no concello de Lourenzá, sendo o primeiro centro educativo que visita esta construción medieval despois da súa restauración.

Exit mobile version