Site icon Crónica3.com A Mariña

Pedreira: “Resulta curioso escoitar ao PSOE falar de Sargadelos cando non axudou á empresa en nada”

Cervo, 9 de abril de 2014- A edil de Facenda, Yolanda Pedreira, cualificou de “curioso” que o PSOE “fale de Sargadelos e critique o apoio dado pola Xunta cando a Deputación non considerou prioritario axudar á empresa máis emblemática da provincia de Lugo”. “O que mellor se lles dá é falar, pedir e criticar, pero cando se trata de traballar en positivo, desaparecen”, engade.

Pedreira lembra que a Deputación “estaba disposta a pagar 3 millóns de euros para mercar o Torques de Burela, pero non lle interesou destinalos a axudar a Sargadelos a pesar de que dispoñían dos cartos”. Da mesma maneira, a edil recoméndalle ao PSOE que revise a hemeroteca: “As súas fotografías cos traballadores da empresa foron vistas por todos, non así as súas axudas a Sargadelos”.

Exit mobile version