Otero Regal inaugura a exposición “Domus, in qua spiritus habitat” – a casa onde habitan os espiritos- este venres 11 de abril ás oito do serán na Galería Arte Annia de Salamanca, preto da Praza Maior. Nesta sala de máis de vinte anos con actividade permanecerá exporta ata o 16 de maio a obra composta por unha serie de esculturas e cadros cerámicos elaborados con gres refractario que representan espazos arquitectónicos extraídos da memoria, lugares e tempos alleos a estes. Todas xiran en torno á casa como elemento espacial no que se xera a vida.