Lourenzá, 8 de abril de 2014. A Agrupación Socialista de Lourenzá denuncia o mal estado no que se atopa o vial municipal que da acceso ó barrio de Condemiña, na parroquia de Santa María.
A portavoz socialista Rocío López critica as nefastas condicións nas que se atopa a vía “xa que nela poden apreciarse numerosas fochancas e desperfectos no firme”. Para a concelleira socialista “é vergonzoso que nalgún tramo da estrada os vehículos teñan que desviarse, incluso chegando a pisar parte dunha leira privada, porque a estrada está intransitable”.
López sinala ademais que os desperfectos no firme do vial “veñen sucedéndose ó longo dos últimos dous anos, o que conleva mais peligrosidade tanto para os condutores como para os peóns”.
Actuar de xeito urxente
Así as cousas a responsable socialista reclama ao Concello “que actúe xa de xeito urxente”, e insistiu“realice as obras necesarias para o acondicionamento do firme e non esperen a que cheguen as próximas eleccións para facer as obras típicas obras de bacheo”.
Por último a portavoz socialista Rocío López pídelle á Alcaldesa Enma Álvarez Chao e o tenente alcalde Dino Vidal, que asuman as súas responsabilidades e tomen medidas para solucionar o problema porque “os problemas dos laurentinos non se solucionan saíndo tódolos días na foto, soluciónanse traballando por Lourenzá e polo barrio de Condemiña”, resumiu.