Os laranxas medíronse á selección de Vietnam nun partido solidario
edicion2
Vista Alegre acolleu o encontro amigable entre o Burela Pescados Rubén e a Selección de Vietnam de carácter solidario coa Fundación Eu Son e a Asociación Camiña de Burela. A recadación do encontro, ademais da Fila 0 habilitada para a ocasión, está destinada para ambas entidades que realizan unha labor encomiable e vital con persoas con discapacidade de Burela e outros puntos da Mariña.
Nun partido no que o resultado era o menos importante, a selección vietnamita dirixida polo ferrolán Bruno García, impúxose por 1-2 a un Burela Pescados Rubén que afrontou o envite coas precaucións lóxicas ante o inminente duelo co Santiago Futsal. Ademais da causa do evento, o máis destacado foi o debut das xoias laranxas; Renato e Pancho, coa elástica do equipo senior. Ambos xogadores gozaron de moitos minutos e gardarán esta data para o recordo.