Vista Alegre acolleu o encontro amigable entre o Burela Pescados Rubén e a Selección de Vietnam de carácter solidario coa Fundación Eu Son e a Asociación Camiña de Burela. A recadación do encontro, ademais da Fila 0 habilitada para a ocasión, está destinada para ambas entidades que realizan unha labor encomiable e vital con persoas con discapacidade de Burela e outros puntos da Mariña.
Nun partido no que o resultado era o menos importante, a selección vietnamita dirixida polo ferrolán Bruno García, impúxose por 1-2 a un Burela Pescados Rubén que afrontou o envite coas precaucións lóxicas ante o inminente duelo co Santiago Futsal. Ademais da causa do evento, o máis destacado foi o debut das xoias laranxas; Renato e Pancho, coa elástica do equipo senior. Ambos xogadores gozaron de moitos minutos e gardarán esta data para o recordo.
Burela Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Antoñito, Mimi, Carlitos –cinco inicial- Christian, Burrito, Juanma, Isi, Renato, Pancho, Álex, Brais.
Selección Vietnam: Dang Phuoc, Ly Khanh, Pham Thanh, Nguyen Bao, Tran Van –cinco inicial- Vu Xuan, Le Quoc, Nguyen Trong, Tran Hoang, Phung Trong, Ton That, Lam Tan, Doan Ngoc, Pham Duc, Ngo Ngoc.
Goles: 0-1, m.1, Edu (p.p.); 1-1, m.4, Christian; 1-2, m.9, Le Quoc.
Árbitros: Cid Bragado, González Armada. Ourense
*Fotos: Héctor Manasé