O viveirense Cristóbal Rodríguez, triple medallista continental, colócase á fronte da Liga Catalá de Esgrima na modalidade de Espada ó rematar a pasada fin de semana a primeira ronda de encontros entre os equipos participantes na categoría raíña como parte do equipo titular do Desperta Ferro da cidade condal.
O equipo do mecenas italiano “Lino Zago”, callou un esencial peche na ronda final onde se enfrentaron ó potente “Los Mas que Perros” ó que conseguiron vencer cun parcial a favor de Rodríguez de 45/39 que lles coloca á fronte da clasificación xeral con 16 puntos, seguido dos murais con outros 16 pero cun tanteo a favor de Rodríguez con menos tocados recibidos 173 por 201 dos seus adversarios e en terceira posición con 10 puntos o “Galois”.
SERIES MUNDIAIS
Rodríguez ven de asinar unha sensacional actuación en México e unha máis que notable puntuación en Exipto nas Series Mundiais da Copa do Mundo de Pentatlon Moderno. Deste xeito, foi seleccionado pola Dirección Técnica da Federación Española para participar na Terceira Proba da Copa do Mundo que comezará o 30 de abril en Budapest.
Mentras tanto, aproveita estes días para disfrutar dunhas merecidas vacacións na súa Mariña natal onde aproveitará para realizar adestramentos de natación na piscina municipal de Xove e carreira a pé polas praiasde Area, en Viveiro, e Remior, en Barreiros.