Site icon Crónica3.com A Mariña

O retratista de Vilaeimil

Din que A fotografía é a arte e a técnica de obter imaxes duradeiras. E a fotografía artística qué e de cáracter subxetivo. A linguaxe artística fotográfica partiu da herdanza da pintura. Con todo, rápidamente ampliou o seu léxico grazas á facilidade de facer enfoques extremos (picados, contrapicados, etc.), captúra do movemento con longos tempos de obturador e a decisión do momento. A presión sobre o fotógrafo para marcar o sua subxetividade na fotografía forxou unha linguaxe chea de sutilezas pero perfectamente comprensible, moi directo para calquera observador.

Vicente Ansola e mais craro e xinxelo: A fotografía consiste en roubar instantes ao esquecemento. Ansola naceu en 1959 en Alceda, Cantabria, e e Galego de adopción e elección, “ O retratista de Vilaeimil” e conta cunha envexable traxectoria profesional na que destacan as súas exposicións en distintos lugares do mundo e varios premios, entre eles a obtención do Gold Award de Kodak. Un dous premios mais prestixiosos do mundo.

El dice que, como no porco, da fotografía aprovéitase todo. “A miña ilusión era fotografar o tempo que se nos escapa entre as mans e esas esencias rurales que se van ir perdendo e que posiblemente as xeracións venideras tan só verán en antigas películas ou fotos.

Ansola, ten moitos admiradores eu diria fans da sua obra. E recomenda os amantes da fotografia que collan a sua cámara, miren polo visor e barran a terra de esquerda a dereita, de dereita a esquerda e comecen a disparar. “Non te deteñas ata que a tarxeta de memoria rebente de imaxes, regresa a casa e xoga cos resultados. Cando goces con todo iso xa estás preparado para continuar e elixir o teu camiño”.

Ansola, viveu un ano en Irlanda, durante ese ano percorreu 25.000 quilómetros atopando paisaxes únicas que lle inspiraron unhas seis mil fotografas. 39 desas imaxes conforman o libro O bosque da bailarina, comparando Irlanda con Galicia, asegura que na illa “os camiños son máis revirados e non atopas xente no medio das paisaxes; non como aquí, que hai xente en todas partes”

O Pobo das Neboas. Que podedes mercar perante a exposición en RegalXunqueira en Viveiro …. O material do que parte son unhas doce mil fotografas de casas de pedra, hórreos, cabazos e persoas. Explica que en “este libro hai persoas porque quería render unha homenaxe a todas esas persoas que seguen vivindo na zona rural, que son os últimos mohicanos”.

“Dáme pena que non valoren as súas casas e as súas construcións, polo que vou intentar cambiar esa visión a través do que sei facer: a fotografía”.

Parafraseando al poeta poderiamos poñer en boca de Ansola “Maldigo la fotografia concebida como un lujo cultural por los neutrales que, lavándose las manos, se desentienden y evaden. Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse.

A fotografia como mensaxe, como reclamación como protesta de un tempo e de un pais donde arquitectos e analfabetos encheronnos o norte galego, dende Ferrol a Ribadeo de mamotretos de cemento, Barreiros, Burela, Foz, Ribadeo, Viveiro….E Ansola reclama coa sua fotografia a verdade da nosa cultura esmorecida, a nosa tradición e tamén denuncia o sempiterno runrún maldito desta terra que sempre pensa que o de fora é mellor que o noso.

Otero Regal.

Exit mobile version