Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP e NNXX de Mondoñedo programan unha reunión cos interesados en colaborar no proxecto de voluntariado para o acompañamento dos residentes do San Rafael e do San Pablo

Mondoñedo, 11 de abril de 2014.- O Partido Popular de Mondoñedo e Novas Xeracións da localidade programan unha reunión para este sábado na que invitan a participar a todos os interesados en colaborar no proxecto de voluntariado que promoven os populares e que vai dirixido ao acompañamento tanto dos maiores da residencia de anciáns San Rafael do municipio, como das persoas discapacitadas do Hospital San Pablo, tamén de Mondoñedo.

A xuntanza terá lugar este sábado, ás 19:30 horas, na sede do PP local e nela prevese informar sobre o proxecto Acompáñame a todos os interesados en integrar o grupo de voluntarios. Neste senso, os populares explican que cumpren o perfil de voluntario persoas de calquera idade, con inquietudes sociais e con sensibilidade de cara ás persoas maiores ou con discapacidade.

Deste xeito, os populares animan aos veciños para que de maneira conxunta e coa maior implicación posible se materialice un programa que ten como principal referente o benestar dos usuarios do San Rafael e do San Pablo.

Proxecto Acompáñame
Os populares lembran que o proxecto Acompáñame ten por obxecto “colaborar no apoio social aos residentes dos citados centros, dende charlar con eles, ata pasear ou realizar actividades de ocio e tempo libre, entre outros”.

Polo tanto, os populares con este proxecto buscan dotar aos referidos centros de voluntarios para o acompañamento dos seus usuarios, ademais de posibilitar o intercambio xeracional, potenciar a importancia do voluntariado no ámbito social, exercer unha función de apoio aos coidadores e responder ás necesidades dos usuarios.

Exit mobile version