Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP denuncia que “a deixadez e improvisación do goberno socialista viveirense agrava cada vez máis a situación económica municipal”

“En multitude de ocasións o PP de Viveiro veu alertando sobre a deriva que está tomando o Concello, ante o descontrol co que o grupo socialista leva os asuntos municipais e a apatía en tratar de resolvelos”, critica César Aja.

“Só con ver as actas ou o rexistro municipal, calquera veciño pode comprobar que o Concello tivo e segue tendo, máis de 300 procesos xudiciais dende que os socialistas chegaron á alcaldía, moitos dos cales de gran repercusión económica”, continúa. Ademais, recorda que “son procesos xudiciais, que practicamente na súa totalidade, se perden e ós que han de engadirse intereses e costas, o que incrementa considerablemente as previsións iniciais e como de costume, con cargo ó erario municipal”.

Cre, pois, “desmoralizante para os contribuíntes que impotentes ven como enormes cantidades de diñeiro se dilapiden en pleitos, en gastos superfluos, en lugar de empregar os diñeiros recadados en beneficio dos cidadáns e en obras que melloren o benestar veciñal e que sexan xeradoras de emprego”. Pola contra, “o PSOE e os seus apoios fan oídos xordos e seguen a eu pertinaz empeño en profundizar máis e máis no afundimento municipal”.

“Dentro das moitas sentenzas que case se converten en cotiás, atopamos algunhas nas que o Concello non se persona e outros moitos contenciosos que sabendo de anteman que se van a perder, o goberno socialista insiste en xudicializar resolucións meramente administrativas e arriscarse a pagar, principal, intereses e costas, ademais das minutas de abogados e procuradores que representan, sen ningún tipo de contrato, ó Consistorio”, critica o popular.

Así, recorda que “recentemente, ante a negativa de devolución da cantidade ingresada para a obtención dunha licenza de obra no 2005, que ascendeu a 68.514,24€, licenza non concedida e polo tanto reclamada polo interesado, o Xulgado do Contencioso de Lugo, condena ó Concello de Viveiro á devolución da cantidade mencionada, a pagar os intereses dende o día que se realizou o ingreso ata que se realice o pago, ou sexa nove anos e as costas, amén de cualificar á actuación municipal como pasividade”.

“Estas constantes actuacións –cre- demostran unha temeridade, incompetencia e ineptitude, do goberno municipal e de quenes o sosteñen, difícil de igualar provocando unha total indefensión dos veciños quenes aprecian como en lugar de defender os seus intereses e canalizar con rigor o esforzo fiscal que realizan se actúa sen ningún tipo de previsión e con total descontrol do patrimonio público”.

Exit mobile version