Riotorto 9 de abril de 2014. Logo de que a proposta da alcaldía modificase o réxime de retribucións para adaptalo a nova reforma da Administración Local, o PP de Riotorto calificou de “auténtico paripé” e de imparcialidade pasar unha dedicación exclusiva de 1.500 euros a unha parcial de 1.400.
Segundo os populares, o máis lóxico, sensato e ético sería pasar a unha dedicación parcial percibindo a metade da exclusiva, cobrando 750 euros, pero vista a corrección feita pola alcaldía quede patente o interese do tenente de alcalde, José García Freije, por non perder poder adquisitivo no seu salario.
“Vemos que ao Sr. Freije impórtalle moito a súa retribución e non está pola labor de perder poder adquisitivo no seu soldo”- aseguran os populares, quenes engaden que de non ser así, estaría na súa casa, disfrutando da súa xubilación e non cobrando do Concello.
NUN CONCELLO DE 1400 HABITANTES NON FAN FALTA DÚAS PERSOAS PARA GOBERNAR
O PP de Riotorto insiste en que nun Concello como o de Riotorto é suficiente unha persoa para gobernar.
“Para gobernar nun municipio como o noso non fan falta para nada 2 persoas”- critican os populares quenes afirman que os veciños non entenden como un pobo de 1400 habitantes esté xestionado por dous políticos cobrando das arcas municipais.
AS CONTAS NON CADRAN
Así as cousas, os populares tamén denuncian que o salario tampouco é proporcional coa redución das horas e asegura que as 36 horas de dedicación semanal non están para nada xustificadas.
“Segundo os nosos cálculos, se o Señor Freije, cobraba antes 1500 euros con 40 horas semanais, agora con 36 horas semanais, pertenceríanlle 1.350 euros, non 1400”- manifesta o PP, quen ven unha intención usureira e interesada do tenente alcalde de Riotorto.
O POBO NON QUERE A FREIJE; É HORA DE QUE MARCHE PARA A SÚA CASA
Os populares afirman que ademais do salario, o tenente de alcalde está pasando dietas e quilómetros que teñen que sufragar os veciños cos seus impostos e ven nas diferentes remuneracións a negativa de Freije a xubilarse.
“Creemos que non se xubila a pesar de ter 65 anos porque o que percibiría como pensión vai ser moi inferior ao que cobra no concello”- denuncian os populares.
O PP urxe ao tenente alcalde a abandonar a política, a deixar de cobrar dos impostos dos veciños de Riotorto e a irse para a súa casa a disfrutar da súa xubilación, xa que no Concello non está facendo nada e lémbralle que o respaldo político do pobo no partido socialista é mínimo e proba disto veuse nas ultimas eleccións municipais con un total de 137 votos.