Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés asegura que “ningún dos traballadores do actual GMIR está afiliado ó PP nin distribuiron publicidade do partido”

Burela, a 11 de abril de 2014.- O Partido Popular de Burela, a través do seu portavoz, José Luis Lois Losada, negou rotundamente as afirmacións do PSOE local sobre pertenencia dos membros do GMIR ó PP, e asegurou que “os socialistas están desesperados, tamén son mentirosos, e xa non saben como desprestixiar ó PP. E por riba, non contrastan a información que trasladan ós medios informativos”.

Lois Losada asegurou que “ningún dos catro traballadores que compoñen o actuar GMIR está afiliado ó PP, nin o estivo nunca; e en todo caso, se desexasen estalo, non lles pecharíamos as portas. E por suposto que tampouco distribuiron ningunha publicidade do PP nin tan siquera no seu tempo libre, nin antes, nin agora”.

“Ademais, manifestou o portavoz da Agrupación Local do PP, as dúas persoas que distribuiron as convocatorias de reunións organizadas polo PP están, por desgracia, en situación de desemprego e pasando por momentos non precisamente doados”.

“Polo tanto, indicou, tanto os traballadores do GMIR coma as persoas que distribuiron a publicidade do PP deben estar alucinando a colores ó ler a nota do PSOE”.

José Luis Lois Losada afirmou que “no PP, temos as portas abertas a calquera persoa que queira afiliarse ó noso partido, independientemente da súa situación laboral e onde traballe”.

Sobre a nota do PSOE, José Luis Lois indicou que “resulta patético que o PSOE non contraste a información que lle chega ó seus oídos, xa que sería mui doado facelo, o que significa que estes personaxes cantan de oído e non teñen nin idea de música, e por riba son rematadamente vagos”.

“Ainda que sí deben ter algunha idea de Música, porque no seu momento non se cortaron nada en facer unhas bases de contratación de persoal de determinado posto da Escola de Música nas que só faltaba poñer o DNI da persoa que ía entrar”, asegurou Lois Losada, que engadiu que “o PSOE tivo traballando cun contrato temporal prorrogado a unha persoa que formou parte da súa executiva local”.

O portavoz dos populares de Burela manifestou que “polo tanto o PSOE local non pode dar leccións de nada. Está realmente desesperado, e xa lle vale todo con tal de desprestixiar ó PP, ó alcalde e ó goberno municipal. Pero polo menos o que lles pedimos é que digan a verdade e que non mintan, porque eles mesmos se retratan, exemplo da falla absoluta de liderazgo que teñen dentro do partido, onde nin eles mesmos son capaces de poñerse de acordo”.

Exit mobile version