Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pazo de Tovar recibiu un grupo de alumos do IES Perdouro de Burela na primeira visita tras a súa rehabilitación

Lourenzá, 4 de abril de 2014. O grupo formado por alumnos do IES Perdouro, de Burela, foi o primeiro que visitou o Pazo de Tovar despois da súa rehabilitación.

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, anunciou hoxe que “cando se cumpre unha semana da inauguración da rehabilitación do Pazo de Tovar xa recibiu a primeira visita en grupo, concretamente alumnos do IES Perdouro, de Burela, de 13 e 14 anos de idade que cursan 2º da ESO, que viñeron para coñecer máis de cerca a historia e o que queda do antigo Pazo de Tovar. Os rapaces visitaron o Centro de Interpretación dos Pazos Galegos e a fortaleza. Marcharon cunha impresión satisfactoria da estrutura arquitectónica do edificio e tamén da información que lles proporcionou a guía. Incluso subiron ao adarve e dende alí observaron as distintas paisaxes do val de Lourenzá”.

A rexedora municipal comentou que “con esta visita confírmase o interese que ten esta xoia arquitectónica que hai no concello de Lourenzá, que é algo singular porque en toda a provincia de Lugo non hai ningunha construción deste tipo xa que foi feita imitando as típicas fortalezas de Castela”.

Exit mobile version