Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno Provincial reclama a Feijóo que “se opoña frontalmente ó recorte de partidos xudiciaise defenda ós cidadáns”

Os voceiros provinciais do PSOE e BNG, Manuel Martínez e Mario Outeiro, respectivamente, valoraron este venres o anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial do Partido Popular, que supón a supresión de partidos xudiciais.No caso de aprobarse, Lugo pasaría de contar con 9 circunscripcións a ter unicamente a da capital, que absorbería máis de 36.000 casos.

Martínez destacou que “esta medida pon fin ó esforzo do ano 86 por achegar unha xustiza gratuíta a todos os cidadáns. Obriga ó 60% dos lucenses a desprazarse máis de 1 hora ó xulgado, gastando cartos, máis cartos, posto que isto engádese a nova lei de taxas xudiciais do PP, que fixo que só teñan dereito á xustiza os que a poden pagar”. E é que, por exemplo, os pleitos laborais ou contenciosos administrativos que antes estaban exentos de taxasagora poden chegar a custar 800 euros.

“É unha medida máis do PP dirixida á supresión de servizos públicos nos Concellos, ó igual que a eliminación dos rexistros civís ou a creación da xerencia sanitaria única, que deixa sen vida ós municipio, afectando ó emprego e ó despoboamento demográfico.Feijóo debe opoñerse frontalmente a esta medida e defender os intereses dos cidadáns. A Fegamp, con maioría do PP, debería deixar de defender os intereses do PP e de ser voceira de Feijóo, cunha postura unánime de todos os Alcaldes en contra desta medida”, subliñou Martínez.

Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno aprobou a contratación de 1.800 novos compoñentes enerxéticos para dotacións públicas municipais de Ribas de Sil, Guntín e Monterroso. A Deputación instalará este material nos alumeados públicos e consistorios destes municipios, así como no colexio público de Ribas de Sil, no centro médico de Guntín e no centro sociocultural de Monterroso. Isto permitirá reducir en 30.000 euros anuais os gastos pola luz destes tres Concellos.Trátanse dúas actuación do Plan Enerxético da Deputación, que aforra estes Concellos un total de 156.000 euros. “Facémolo ó asumir a totalidade de custes, a diferencia do plan da Xunta, que obriga ás entidades locais a pagar o 30% dos gastos”, explicou Martínez. Este aforro distribúese do seguinte xeito:30.000 euros coas auditorías enerxéticas, que realizaron os técnicos provinciais da Axencia da Enerxía da Deputación. A contratación externa destes traballos suporía 10.000 euros a cada Concello; 96.000 euros pola compra e instalación dos compoñentes enerxéticos; e 30.000 euros, que é a cantidade anual na que verán reducida as súas facturas pola luz.

Centro de recría
A sesión acordou a adxudicación definitiva de novos traballos no primeiro centro público en España de recría de gando vacún, que está a construír a Deputación en Castro de Rei, por valor de 500.000 euros. Trátanse das obras de demolición e adaptación das estruturas esixentes ás naves de nova construción, que conta cun orzamento de 120.000 euros; e da adquisición de novo material para as 13 naves de recría, por valor de 375.000 euros. Son cubículos cubículos, bebedeiros, arrobadeiras, básculas, mangadas, manexos, valos metálicos, boxes individuais e colectivos, cornadizas…

Exit mobile version