Os dous protagonistas estiveron acompañados pola directiva da asociación cultural de nova creación (Fanto Fantini), por representantes das duas principais institucións colaboradoras: a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social, Deporte, Igualdade e Mocidadade (Antón Veiga e Mario Pillado) e do Concello de Burela (José María González Barcia e Mónica Pedre) e por colaboradores e empresas patrocinadoras.
Nunha breve explicación comentaron que Osa do Mar pretende ser unha fin de semana completa coa música como telón de fondo ademais de unha oferta de actividades culturais, deportivas e diferentes servizos.
En Burela (na zona de A Marosa) con un cartel que se podería considerar alternativo, “underground” e de calidade intentando fusionar diferentes estilos (rock, pop, indie…). A data escollida é a fin de semana do 12-13 de setembro do 2014.
Queren tamén demostrar que “A Mariña está en movemento” e que hai espazo e oportunidade para organizar eventos culturais diferentes, amosando unha imaxe moderna e dinámica dunha zona con un potencial enorme en todos os sensos.
Confirmaron aos primeiros sete grupos; aínda que esperan pasar dos 20 grupos: Triángulo de Amor Bizarro (Lugo), Ataque Escampe (Compostela), Guerrera (Pontevedra), Acid Mess (Asturias), The Glockenwise (Portugal), The Brosas (Burela) e Skölhma (Burela).
Nas próximas semanas xa se poderán mercar as entradas (10 euros o abono de dous días e 6 euros o de un día, no caso de realizarse por anticipiado) na web oficial do Festival, www.osadomar.com.
A Área de Cultura da Deputación colabora co festival Osa do Mar
Durante a súa intervención, Antonio Veiga explicou que “a posta en marcha deste festival, dá boa proba de que na Mariña hai espazo e oportunidade para organizar eventos culturais diferentes, amosando unha imaxe moderna e dinámica dunha zona cun gran potencial en todos os eidos”.
Así mesmo, o vicepresidente da Deputación fixo fincapé “na importancia que adquire este festival de cara a dar a coñecer grupos galegos de calidade e cun nivel boísimo que non son tan coñecidos por falta de oportunidades”.