Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Lourenzá tramita solicitudes para participar no programa de Benestar en balnearios organizado pola Xunta

Lourenzá, 16 de abril de 2014. A traballadora social do Concello de Lourenzá tramita as solicitudes dos veciños do municipio para participar no programa de Benestar en Balnearios 2014 organizado pola Xunta de Galicia.

Os requisitos para poder beneficiarse desta iniciativa son: ser maior de 65 anos ou de 60 reunindo a condición de pensionista na data en que remata o prazo de solicitudes; residir na comunidade autónoma de Galicia; atoparse en condicións de participar no programa e valerse por si mesmo; non padecer enfermidades infecto contaxiosas en fase activa nin trastornos mentais ou conductuais non compensados; precisar tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicacións.

Os interesados deben presentar una solicitude, unha fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe ou acompañante, se procede, e unha declaración responsable do estado de saúde do solicitante e do seu cónxuxe ou acompañante. Esta documentación debe presentarse no despacho da traballadora social do Concello e o prazo remata o 10 de maio de 2014.

Exit mobile version