Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz corta unha vintena de árbores danadas que supoñían un perigo para o tráfico en Fazouro e Forxán

Foz, 11 de abril de 2014. O Concello de Foz está cortando hoxe en Fazouro e Forxán unha vintena de árbores que están enfermas e danadas, polo que supoñían un perigo para o tráfico na estrada e tamén para o ferroviario.

O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, explicou que “despois de conseguir as autorizacións do Ministerio de Fomento, tanto de Feve como de Carreteras, estamos a cortar as árbores que se atopan cerca da rotonda de Fazouro na entrada á vila vindo de Viveiro. É un traballo no que levamos pensando moitísimo tempo pero non podíamos facelo porque necesitábamos os permisos, sobre todo de Feve”.

Pedro Fernández Manín destacou a colaboración “tanto da empresa que está facendo a corta como de Feve, que puxo persoal ao noso servizo para apoiar e controlar os trens” e anunciou que “hoxe vai quedar completamente libre de árbores esa entrada a Foz, onde temos previsto facer algo máis, pero en principio a intención era cortar ás árbores”.

O concelleiro de Medio Rural en Foz pide desculpas polas molestias causadas aos usuarios da estrada, porque tivo que ser cortada ao tráfico, pero “sobre as sete da tarde quedará libre e penso que é un traballo que merecía moito a pena facelo”.

Exit mobile version