Nel, os dous faros de San Cibrao funcionan como símbolo de identidade da vila, e nel predominan a cor laranxa do mexillón e o azul do mar. Un cartel que foi elaborado polo mesmo deseñador gráfico que o da Festa do Ourizo, polo que o Concello recibiu o segundo premio no Concurso de Carteis de Festas Gastronómicas de Galicia na feira Xantar.
En canto aos detalles da festa, os locais de hostalería de San Cibrao servirán durante toda a xornada tapas e racións nas que o mexillón será o ingrediente base, combinado de múltiples maneiras, dende as preparacións máis habituais como ao vapor, cocidos, en salsa, salpicón, empanada ou á vinagreta, ata as máis innovadoras e creativas.
Premio especial
Este ano, como novidade, os locais que participaron na XXIII Festa do Ourizo sortearán un agasallo especial entre todos os clientes que asistan á Festa do Mexillón. En concreto, o premio consistirá nunha escapada termal para dúas persoas que incluirá unha noite de aloxamento, almorzo e acceso ao circuíto termal nun balneario de Portugal.
Un agasallo que recibira o Concello na feira Xantar como gañador do segundo premio no xa mencionado Concurso de Carteis de Festas Gastronómicas no que participou co cartel da Festa do Ourizo. Un premio que a administración local decidiu poñer a disposición dos bares e restaurantes que participaron nesa festa para que “le dieran el uso que considerasen más oportuno de cara a dinamizar sus establecimientos”.
Alonso destacou “el poder de atracción de esta fiesta”, que se fai coincidir coa Semana Santa “para aprovechar un periodo vacacional, ofreciendo una alternativa de ocio a nuestros turistas y al mismo tiempo, intentando captar nuevos visitantes”. Da mesma maneira, a edil destacou “el acierto de exaltar el mejillón, un producto gallego, de exquisito sabor, que gusta a todo el mundo y que ofrece infinitas posibilidades culinarias”.