Cervo, 26 de agosto de 2013- O Concello de Cervo informa de que asumiu a xestión e recollida de envases lixeiros da que ata o de agora se encargaba unha empresa. A administración local tomou esta decisión co obxectivo de controlar en todo momento o nivel de utilización dos contedores e, desta maneira, realizar as recollidas que sexan necesarias para evitar que os contedores estean saturados.
Así, esta xestión municipal permite incrementar a frecuencia da recollida en momentos puntuais, como é o caso de días de festa, e en períodos concretos, como a época estival, na que aumenta considerablemente a poboación do municipio. Polo tanto, o propio Concello é o que decide cando baleirar os colectores sen ter que depender, como ocorría antes, das rutas e calendarios dunha empresa.
A concelleira de Medio Ambiente, Begoña Alonso, explica que con esta medida “también pretendemos fomentar la separación de residuos, para que los vecinos puedan depositar sus envases de plástico en cualquier momento sin el impedimento de poder encontrar algún contenedor lleno”.
Orgánicos e plásticos: Recollidas independentes
Do mesmo xeito, o Concello quere deixar claro que todos os envases e plásticos que os veciños depositan no contedor amarelo son xestionados correctamente, e nunca se mesturan co lixo orgánico que se bota ao contedor verde. Hai que dicir que a recollida dos residuos do colector amarelo faise co mesmo camión que o lixo orgánico, o cal pode dar lugar a confusións. Por iso, o Concello quere aclarar que o camión é o mesmo, pero as recollidas fanse de forma separada, unha vez recóllese o lixo orgánico e doutra vez os envases lixeiros.
“La sensibilización ciudadana empieza por la administración, y el Concello es el primero que tiene que estar concienciado de lo importante que es separar residuos, y llevarlo a la práctica”, explica Alonso. Desta maneira, os residuos que os veciños depositan nos colectores amarelos son transportados á planta de transferencia e, dende alí, encárganse de levalos ás instalacións de Sogama, sempre cun tratamento diferenciado ao do resto de residuos.
Begoña Alonso quere, da mesma maneira, agraceder “a todos los vecinos que día tras día hacen un esfuerzo separando los residuos en sus hogares para después llevarlos al contenedor correspondiente” así como convidar a todas as persoas “a hacer pequeños gestos como este para cuidar el medio ambiente”.