Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela procede á limpeza dos tres depósitos do Torno

Burela, 16 de abril de 2014. A empresa concesionaria da auga, Espina y Delfín, procede estes días a limpar os tres depósitos que o Concello ten en O Torno, segundo comentou este mércores a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo.

A edil popular dixo que “os tres depósitos poden chegar a almacenar 5.000 metros cúbicos de auga, cifra que sería suficiente para garantir o abastecemento de auga a Burela de 36 a 48 horas, en caso de que se producise unha emerxencia”.

López Eijo explicou que “os depósitos límpanse unha vez ao ano, por unha cuestión de mantemento dos mesmos e para proceder a eliminar os posibles residuos que puidesen ter. Destas tarefas encárgase a empresa concesionaria, que é Espina y Delfín”.

A concelleira de Medio Ambiente lembrou que “os depósitos de O Torno foron construídos entre os anos 2005 e 2006 para garantir o almacenamento de auga, que naquel momento non se podía asegurar porque só había un depósito moi pequeno e antigo, que non cumpría cos requisitos que Burela podía precisar. O investimento realizado naquel momento nos depósitos e na instalación anexa aos mesmos ascendeu a 500.000 euros”.

Exit mobile version