Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela convoca ás asociacións para informalas sobre programas de turismo termal e cultural

Burela, 16 de abril de 2014. O Concello de Burela, a través da Delegación de Servizos Sociais, convoca para o vindeiro martes, día 22 de abril, unha reunión cos representantes das asociacións do municipio para darlles a coñecer a posibilidade de participar como grupos en programas de turismo termal e cultural.

A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán García, explicou que esta actividade, ofertada polo Grupo Oca Augas Santas, pode ter unha duración dun día ou de varios.

A xuntanza celebrarase no salón de plenos da Casa do Concello o vindeiro martes ás 11 e media da mañá.

Exit mobile version