Site icon Crónica3.com A Mariña

O CIM burelés ofrece información e tramita as axudas da Xunta para vítimas de violencia de xénero

Burela, 25 de abril de 2014. A Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade de Burela lembra que o pasado mércores saíu publicada no Diario Oficial de Galicia: a Resolución do 16 de abril de 2014 da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Esa resolución inclúe dous tipos de axudas: unhas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan en Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego; e outras dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou ás e aos menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas.

As mulleres interesadas en obter máis información ou en realizar os trámites para acceder a estas axudas poden dirixirse ao CIM de Burela de luns a venres en horario de 8 a 15 horas. O prazo de presentación de solicitudes deu comezo onte, 24 de abril. No caso das indemnizacións do artigo 43 de Lei galega 11/2007 dito prazo rematará o 31 de outubro de 2014. E no caso das axudas do artigo 27 de Lei orgánica 1/2004 rematará o 30 de novembro de 2014.

Exit mobile version