Site icon Crónica3.com A Mariña

O ciclo ‘Galicia en clave económica’ analizará o martes en Viveiro a situación do sector forestal galego

A Deputación de Lugo e Economía Dixital, en colaboración co grupo El Progreso, organizan o vindeiro martes, 22 de abril, ás 19:30 horas na Sala Multiusos da Casa Consistorial de Viveiro, un novo debate aberto ó público e gratuíto do ciclo Galicia en clave económica, o primeiro dos que se celebrarán en vindeiras datas en diferentes puntos da provincia.

Nesta ocasión, os prestixiosos expertos participantes analizarán a situación actual do forestal e as perspectivas de futuro que se lle presentan a un sector que xerou en Galicia un volume de negocio de 1.668 millóns de euros o pasado ano, rexistrando unha lixeira recuperación malia que aínda lonxe das cifras acadadas antes da crise, na que o aproveitamento forestal galego supoñía unha facturación conxunta de máis de 2.400 millóns.

Os expertos que tomarán parte nesta ocasión son os seguintes:
– Emilio Santos: licenciado en Económicas pola Universitat de Barcelona, ten desempeñado diferentes postos directivos en Finsa, primeiro grupo madereiro de Galicia. Na actualidade é Vicepresidente do Patronato da Fundación Apóstol Santiago de Ciencias Sociais e da Fundación Empresa-Universidad Galega (FEUGA).
-Ana Oróns: Secretaria Xeral de Confemadera, leva máis de 9 anos implicada na defensa dos intereses do sector dende as organizacións que o representan en Galicia. Ten exercido un labor fundamental na análise do aproveitamento forestal e do desenvolvemento das preto de 3.000 empresas vencelladas ó monte galego. É directora do Grupo Gallego de Certificación Forestal y Cadena de Custodia.
– Manuel Galdo: é Presidente de Promavi, organización que representa ás asociacións de produtores de madeira de Viveiro, e outros propietarios dos Concellos de Ourol, Xove e O Vicedo, nacidas en resposta a unha estrutura forestal galega marcada polo minifundismo privado. Actualmente, Galdo está impulsando unha das primeiras cooperativas de produtores de madeira de Galicia.

Coma ata o de agora, o debate estará aberto ó público e a asistencia e gratuíta e libre ata completar aforo. Máis información sobre esta xornada, así como de datas e horarios de vindeiras xornadas en www.deputacionlugo.org.

Exit mobile version