Barreiros, 4 de abril de 2014. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, acollerá un taller de ideas sobre iniciativas para moz@s o día 15 deste mes de abril, martes, ás once e media da mañá.
Esta actividade está dirixida a moz@s, entidades xuvenís, colectivos, técnicos e veciños en xeral maiores de 16 anos. Os participantes recibirán explicacións sobre a estrutura dunha iniciativa, a execución do proxecto, pautas para pasar do papel á realidade, prazos e cronograma, organización no tempo e metodoloxía práctica.
Os interesados en participar poden obter máis información e inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Barreiros de luns a venres de 10 a 14 horas e de 17 a 19 horas.
Esta actividade está organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, da Xunta de Galicia, e pola Concellería de Cultura e Xuventude de Barreiros.