O Burela FS Pescados Rubén recibirá en Semana Santa a Selección de Vietnam, dirixida polo técnico galego Bruno García, nun amigable solidario, o martes 15 de abril, ás 20.30 horas, en Vista Alegre. A entidade laranxa habilitará unha Fila 0 para a ocasión; parte da recadación destinarase á Asociación Camiña e á Fundación Eu Son de Burela. O prezo da entrada para adult@s será de 5 euros e os menores de 18 anos terán acceso gratuíto; tamén se habilitarán huchas solidarias no pavillón.
Aquelas persoas que non poidan asistir á cita tamén poderán colaborar cos devanditos colectivos facendo as súas doazóns en:
Asociación Camiña: 2100-2460-80-0200084741 (La Caixa)
Fundación Eu Son: 2091-0109-83-3040018867 (NovaGalicia Banco)
Foto: De esquerda a dereita, Diana Durán, Noelia Eijo, Silvino Oroza e Manuel Blanco.