O Salón de Actos da Confraría de Burela acollerá o vindeiro sábado 5 de abril a partir das 17.30 horas unha xornada do BNG de encontro e debate co sector pesqueiro na Mariña denominada “A Pesca como fonte de economía e emprego. Presente e futuro do sector”.
Despois do saúdo e benvida por parte do portavoz do BNG de Burela, Mario Pillado; terá lugar a presentación dos participantes da man de Ana Ermida Igrexas, portavoz comarcal do BNG na Mariña. Os poñentes serán: Daniel Rodas Chapela, deputado no Parlamento galego e responsable de pesca; Ana Miranda, eurodeputada e candidata do BNG ao Parlamento Europeo e Xavier Vence, portavoz nacional do BNG.
Arredor das 18.00 horas comezará o coloquio moderado por Mario Pillado e Ana Ermida. Será Xavier Vence o que clausure a xornada cunha intervención ás 18.50 horas. Posteriormente, os asistentes poderán degustar uns petiscos.