Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro pide un mellor uso dos dispositivos que pretenden controlar a seguridade viaria

O BNG de Viveiro ven de presentar un rogo no Concello en torno á seguridade dos cidadáns; xa que ten advertido a presenza de radares nas distintas entradas á localidade entre o 14 e o 15 de abril, datas previas á Semana Santa nos que se incrementa considerablemente o tráfico no concello.

Así, critican a súa colocación en “puntos estratéxicos” asegurando que se trata dunha “situación intencionada dos mesmos, baixo o noso criterio, atribúese a un afán estritamente recadatorio, que pouco ten que ver coa seguridade viaria, e que busca aproveitar o tirón da Semana Santa, co aumento de vehículos e visitantes, para aumentar a recadación por multas de tráfico”, cre Bernardo Fraga.

“Aínda por riba, continúa, un dos radares, asignado á Policía Municipal de Viveiro, comete unha infracción de tráfico(tal e como se observa na imaxe), ocupando a beirarrúa e impedindo o paso de peóns, que teñen que circular pola estrada, provocando unha situación de verdadeira INSEGURIDADE VIARIA. É dicir, que un vehículo que na teoría, se atribúe a controlar a velocidade para mellorar a seguridade, provoca unha situación perigosa para as nosas veciñas e veciños”.

Exit mobile version