Site icon Crónica3.com A Mariña

IpV presentará unha moción para solucionar a problemática creada polas denuncias do tenente alcalde ós cazadores

Dende os independentes de Alfoz presentaremos unha moción para solucionar a problemática creada polas denuncias derivadas dos desperfectos ocasionados por animais salvaxes nos cultivos agrícolas.

Parécenos lamentable que un representante público dos veciños acometa denuncias contra estes baseándose en fundamentos totalmente inxustos, mesmamente como teñen recoñecido destacados membros do seu partido na Xunta en numerosas ocasións.

O tenente alcalde Juanjo Fraga mostra mala fé e descoñecemento da lei, xa que como representante dos veciños de Alfoz debería esixirlle a Xunta o que pretende que lle paguen os cazadores.

Dende os independentes de Alfoz presentaremos unha moción para esixiralle a Xunta de Galicia que tal como contempla a lei, se faga cargo dos desperfectos que ocasionan os animais salvaxes nos cultivos agrícolas e forestais dos concellos de Alfoz e Valadouro.

(LEI 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia. artigo 62 punto 4:
A Xunta de Galicia, no exercicio das competencias que lle son propias, constituirá un Fondo de Corresponsabilidade para contribuír á prevención e á compensación dos danos que causan as especies cinexéticas nas explotacións agrarias. O devandito fondo nutrirase coas achegas económicas da Administración autonómica.)

Así evitarase tamén a desaparición da asociación de cazadores de Alfoz-Valadouro, sen a cal a presenza de xabarís e corzos será moito maior e consecuentemente tamén os desperfectos que provocan, debido ó labor control que realizan estes, realizando incluso batidas en numerosas ocasións a petición dos propios agricultores.

É realmente penoso que un dirixente do concello denuncie a unha asociación sen ánimo de lucro e sen a cal sufriría aínda máis desperfectos , máis tendo en conta que a Xunta ten recoñecida a súa responsabilidade e a creación dun fondo de compensación para cubrir os mencionados danos.

Guste ou non, a caza cumpre un papel de control da densidade de poboación de animais como os xabarís e corzos que xeran números desperfectos nos cultivos agrícolas e forestais, en numerosas ocasións son demandados polos agricultores os servizos dos cazadores para facer batidas e reducir o número destes animais en determinadas zoas, si o coto desaparece os desperfectos producidos por estes animais so irán en aumento.

Exit mobile version