As Quendas, que se celebraran os días 30 de abril e 1, 2 e 3 de maio, contará ademais con dous protagonistas de excepción, por un lado o mindoniense Fran Bouso será o pregoeiro desta nova edición das festas e por outro a actuación da televisiva cantautora asturiana Paula Rojo. A reina das festas das Quendas 2014 é María Taboada Pena,e as damas son Natalia Novo Fernández e Melanie Lorigados Lozano.
O día grande das Quendas, o 1 de maio, comeza no Campo da Feira coa Gran Feira tradicional de gando cabalar. Ás 11 da mañá haberá demostración de Ferrado de Cabalos a cargo de Noel Cortón. E a partir das 11:30h a Alameda dos Remedios será o escenario do I Obradoiro de Amasado Artesanal, Elaboración, Enfornado e Cocido da EMPANADA. “Será unha actividade aberta a tódalas persoas interesadas en coñecer o proceso de elaboración do pan e das empanadas, un dos produtos tradicionais de Mondoñedo. Con este evento queremos promover e dar a coñecer os segredos dun dos produtos estrela da nosa cidade. No Obradoiro participaran panadeiros de Mondoñedo”, relatou Miguel Souto.
O acento gastronómico das Quendas poñerao unha exhibición de Showcooking de cociña con Poldro galego na Alameda, no que se elaboraran 2 receitas, co fin de dar a coñecer as posibilidades deste produto á hora de cociñar. Este evento será realizado pola bogueira gastronómica Rocío Garrido Caramés quen recibiu o premio Gourmand World Cookbook pola súa publicación “Cociñando coas razas autóctonas”.
Ademais durante tódalas festas poderase degustar nos bares de Mondoñedo e no Bar o “Bigotes” a III Edición das xornadas gastronómicas da carne de poldro.
Poesía, títeres e sendeirismo
Pola tarde podemos gozar da xornada cultural con POEMAS NAS RÚAS, que percorrera as rúas co seguinte itinerario: saída da campa de Leiras Pulpeiro (cemiterio vello), Praza do Concello, Praza da Catedral, Fontevella, O Cristo e para rematar a Praza Jaime Cabot (duración aproximada: 1h30min). E ás 19:30h MONDOÑEDO É POESÍA “Recital Poético-Musical”, no Auditorio Municipal.
O venres 2 de maio o programa conta cunha “RUTA CUNQUEIRIANA”, guiada por Xosé Ruiz Rivas. Esta actividade está aberta a todo o público e guiará ao visitante polos lugares máis frecuentados polo xenial escritor mindoniense. A saída será da oficina de turismo ás 12h.
E pola tarde no Auditorio Municipal, 18.00h, Mircromina Títeres presenta:”Martín, Martín” un espectáculo de títeres e actor, ideal para gozar en familia, apto para tódolos públicos. E na Casa da Cultura, ás 19:30h, proxección de curtos, gravados en Mondoñedo polo realizador mindoniense Miguel García.
O sábado 3 de maio poderán gozar dunha RUTA DE SENDEIRISMO “Ruta da auga” (9 Kms). Saída da Praza da Catedral ás 10:30h. Actividade aberta a todo o público (duración aproximada 1h30min – 2h). Ás 16:00 h No Polideportivo Municipal de Mondoñedo , Partido de Baloncesto Ed Lourenzá-Mondoñedo vs Mercedarias Hotel el Suiz de Ferrol.
No campo da Granxa terá lugar, ás 16:30 h, a Exhibición e Concurso Hípico de Salto a cargo de Hípica Ecus de Lugo.
E ás 19:00h Carreira Popular pola Natureza, “ Ruta da Auga” (9 Kms. de percorrido). Saída da Praza da Catedral.Para inscribirse nesta competición pode facer mediante este blog http://carreirarutadaauga.blogspot.com.es/, ou ben no teléfono: 605 790091 ou no correo electrónico: raulbgra@gmail.com
Ás 22:00h concerto acústico de “ Paula Rojo”, no Auditorio Municipal Pascual Veiga cun prezo da entrada de 10€. O teléfono para reservalas é o 608 876 123.
E para rematar As Quendas o domingo 4 de maio ás 19:00 h Xoldra Teatro ofrecerá a representación dunha obra teatral tamén no Auditorio.