Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia satisfeito porque Burela sexa unha das sedes da celebración da III Copa Deputación de fútbol base

Burela, 3 de abril de 2014. O alcalde, José Mª González Barcia, amosa a súa satisfacción pola elección de Burela coma unha das sedes da III Copa Deputación de Fútbol Base, que se celebrará os días 18 e 19 de abril.

O rexedor sinalou que “no equipo de goberno estamos satisfeitos porque a Deputación elixira Burela coma sede desta Copa. Burela está a ser un referente deportivo importante en fútbol sala, en baloncesto e tamén en fútbol base”.

González Barcia dixo que “coma o campionato se celebrará en institucións municipais colaboraremos coa organización para que todo saia o mellor posible, tendo en conta que haberá unha presenza importante de equipos da zona norte de Lugo e do que representará para a promoción do deporte base”.

A presentación do evento deportivo tivo lugar esta tarde no campo de fútbol da Marosa. Ao acto acudiron o rexedor, a concelleira de Deportes, o concelleiro de Obras, os voceiros dos grupos políticos da oposición e o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga.

Exit mobile version