Dende o Colectivo Chilindrín Penalba, asociación organizadora do evento, informamos que a novena edición do festival Arreaocabo se celebrará o vindeiro sábado día 5 de xullo na Explanada de Lavandeiras de Celeiro (Viveiro).
A día de hoxe xa podemos adiantar a banda cabeza de cartel, tratáse de Gatillazo. Gatillazo é unha banda de punk de Salvatierra-Agurain (Álava) creada no ano 2004 por Evaristo, ex cantante de La Polla Records. Despois da disolución desta mítica banda, coa que estivo en activo dende 1979 ata 2003, Evaristo xuntouse para formar este novo proxecto con Txiki e Tripi (dous membros tamén da última etapa de La Polla) á guitarra e á batería respectivamente, Mikel ao baixo a Ángel á outra guitarra.
No ano do seu décimo aniversario e con cinco discos xa ás costas (“Gatillazo”, “Dianas Legales”, “Sex Pastels”, “Sangre y Mierda” e “Siglo XXI”) Gatillazo chega ao Arreaocabo en gran estado de forma e cun directo dos que non defraudan.
Como outra novidade, tamén adiantamos que a entrada ao festival consistirá nun Bono Axuda que se poderá mercar de forma anticipada por 6 euros. Informaremos máis adiante sobre os puntos de venda. Para máis información www.facebook.com/festivalarreaocabo e www.twitter.com/Arreaocabo.