O alcalde do Concello de Cervo informa da celebración do Día do Xubilado o vindeiro 1 de maio con misa cantada polo dúo Maika e Johany no pavillón de San Cibrao ás 12.30 horas, despois sesión vermú na praza dos Campos co grupo Son de Vigo e, posteriormente, xantar na carpa situada nesa mesma praza. Tamén se entregarán premios e haberá sorpresas. Catro autobuses transportarán aos participantes dende Rúa, Sargadelos eParaño; San Román, Castelo, Trasbar e Gondrás; Cervo, Figuerido, Espiñeirdo e Río Covo; e A Senra, Cuíña, Madeiro e Viladesuso con saida ás 12.00 cada un.