As actuacións, que consistiron na mellora e acondicionamento dos accesos a estes dous núcleos rurais, benefician de forma directa a preto de 400 veciños. Deste xeito, e cunha inversión de preto de 25.000 euros entre a Deputación e o Concello, o organismo provincial mantén o seu compromiso de colaboración entre a institución e os municipios da provincia.
A inversión total realizada pola Deputación e os concellos mariñanos para acometer obras na comarca a través do POS é de máis de 400.000 euros, destinados a mellorar dotacións públicas no rural e combater o despoboamento. O plan contribúe ademais a crear e manter empregos. As obras realizadas na Mariña son de carácter estritamente municipal e consisten principalmente en mellora de accesos a pequenas localidades, pavimentación de rúas, abastecemento de auga ou acondicionamentos de redes de sumidoiros.