A doutora Nieves Pilar Vidal González, Científico-Titular do CSIC, impartiu a charla “Aplicaciones de la biotecnología a la explotación y conservación de los bosques” ó alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Alfoz-Valadouro o xoves 10 de abril dentro do programa Exper-i-ciencia organizado pola Delegación do CSIC en Galicia. Durante a súa exposición, a doutora explicou onde se encontran e a que se dedican os distintos centros do CSIC en Galicia e máis concretamente, no que ela desenvolve a súa labor de investigación, o IIAG (Instituto de Investigaciones Agrobiológicas de Galicia). Durante a charla prestou a cada alumno/a unha pequena árbore de cultivo “in vitro”. Explicou como realizaban estos cultivos e como punto final, regalou ó centro tres pequenos botes que contiñan unha mostra en miniatura do bosque galego tradicional.