A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra as audicións do seu vixésimo aniversario entre este luns 7 de abril e o mércores 30. Comezaron o luns con frauta e oboe, mentres que o martes foi a quenda de música e movemento (no Auditorio). Este mércores celébranse as de violín e canto, mentres que o xoves 10 de abril serán as de vento metal e o venres saxofón. As audicións rematarán o mércores 30 de abril no Auditorio coas de danza e ballet. Agás nos casos que se indica que se celebran no Auditorio, as audicións terán lugar a partir das 20.00 horas na Casa do Mar.
Audicións da EMMeD de Ribadeo
Audicións da EMMeD de Ribadeo
Relacionado
-
Taller de foto de luz negra impartido esta fin de semana por Diana Fajardo na Casa da Cultura en San Cibrao
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado en Ribadeo, a un veciño desta mesma localidade, de 25 anos de idade, como suposto autor dun delito de danos
-
O pasado 15 de novembro celebrouse unha cea para homenaxear pola súa xubilación a Beatriz Lloret Sancho, quen durante máis de 30 anos desempeñou o posto de Enfermeira e subdirectora na Residencia de Maiores de Burela, dependente da Xunta de Galicia