Site icon Crónica3.com A Mariña

Artesanía do ferro e outras demostracións en vivo de oficios tradicionais, este domingo en Riotorto

O vindeiro domingo 13 de abril terá lugar en Riotorto a oitava edición da Feira de Artesanía do Ferro, un punto de encontro de artesáns de Galicia e occidente asturianos así coma un espazo divulgativo para os ferreiros que coas súas demostracións en vivo amosarán aos visitantes a forma de traballo deste oficio na zona. Ao longo da xornada, a artesanía do ferro será a protagonista desta cita, iniciativa do Concello de Riotorto e a Asociación de Ferreiros da localidade.

Dende as 11 da mañá a feria permanecerá aberta para que todo-los visitantes poidan disfrutar das demostracións en vivo, tanto de artesanía do ferro coma de torneado de madeira. Ademais, haberá demostracións de oficios tradicionais coma alfarería, talla de madeira, cestería, cantería, talla de madeira e un obradoiro do ferro dirixido ao público infantil, para que todos os participantes poidan disfrutar do marabilloso mundo da artesanía, dende os cativos ata os maiores. Cerca de 110 artesáns e expositores ofrecerán os seus produtos a todos aqueles que se acheguen a Riotorto para disfrutar dunha xornada onde a tradición e o lecer se entremezclan ofrecendo unha oferta de actividades moi ampla e variada.

Ademais, haberá animación musical durante toda a xornada e degustacións de polbo, con posibilidade de comer na feira.

Exit mobile version