Site icon Crónica3.com A Mariña

Arredor de 200 rapaces e rapazas participaron en Burela na carreira solidaria ‘Gotas por Níger’

carreira-solidariaBurela, 11 de abril de 2014. Arredor de 200 rapaces, alumn@s do IES Monte Castelo e usuarios da Fundación Eu Son, participaron este venres na carreira solidaria Gotas por Níger, que organiza Unicef e que esta mañá se celebrou en Burela.

Desde a Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Patricia López Eijo, “sinalan que o obxectivo foi recadar diñeiro para que os nenos e as nenas de Níger teñan os mesmos dereitos que outros rapaces de zonas do mundo máis favorecidas, sobre todo o dereito a ir á escola, algo para o que é necesario ter auga potable e letrinas nos colexios”.

Os participantes na carreira colaboraron con Unicef mercando os seus dorsais por 1 euro cada un. Todo o recadado en Burela será destinado a esa labor solidaria de Unicef.

Dende a Delegación de Medio Ambiente agradecen a colaboración de Coca Cola, da Fundación Imdecum, o Burela FS e de tódolos participantes, “xa que coa súa axuda fan posible que por terceiro ano consecutivo participemos nesta iniciativa solidaria de Unicef.

Acompañaron aos asistentes o alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo.

Exit mobile version