Alumnos bureleses visitan o barco museo Reina del Carmen
edicion2
Os alumnos de 1º de primaria do CEIP Virxe do Carme de Burela estiveron de excursión este xoves coas monitoras de Gaia. Esta vez visitaron o barco museo Reina del Carmen e a nave de redes. Segundo explican as monitoras de Gaia “os rapaces achegáronse, deste xeito, á vida do mar, en concreto á pesca do bonito, e visitaron os distintos compartimentos do barco, hoxe en día convertido nun museo. Ademais puideron observar o oficio de redeira, que sen dúbida esixe de moita destreza e minuciosidade e é para moitos de nós descoñecido”.