O venres 28 de marzo aprobouse unha moción da agrupación independente de Alfoz para que o Concello reclamase o diñeiro facturado ilegalmente polas eléctricas nos últimos cinco anos. A cantidade estimada que é cobrada de forma fraudulenta ronda o 10% da facturación anual, a Alfoz suporialle en torno os 50.000 euros.
A moción foi aprobada por unanimidade e o equipo de goberno comprometeuse a executar os acordos adotados.
Os acordos adoptados a peticións de Independentes polo Val son os seguintes:
1. Instar ao grupo de goberno a proceder á revisión de toda a facturación eléctrica, principalmente a do alumeado público con contratos de tarifa simple de baixa tensión con discriminación horaria, cando menos dos últimos cinco anos, para comprobar si é correcta.
2. Instar ao grupo de goberno a que esixa ao Servizo de Consumo da Xunta de Galicia que realice un control na facturación, realizando unha mostraxe da facturación efectuada nos últimos cinco anos a particulares e empresas do noso concello, a fin de comprobar que se lle está facturando correctamente para evitar unha situación coma a que está a suceder coa facturación das administración públicas.
3. Solicitar do concello que canalice as posibles reclamacións na facturación ao Servizo de Consumo
4. Solicitarlle á Xunta de Galicia, que a través da Consellería de Economía e Industria que adopte as medidas necesarias, a fin de revisar a facturación a concellos, empresas e particulares ,das empresas eléctricas que operan en Galicia, e resolver o que proceda, no caso de constatar importes indebidos por enerxía reactiva. E se for o caso, esixirlle que procedan á refacturación inmediata e á devolución íntegra do indebidamente cobrado.
5. Instar á FEGAMP a que se pronuncie a respecto das facturacións indebidas aos concellos por enerxía reactiva e que poña a disposición do conxunto de concellos afectados en Galicia os medios técnicos e xurídicos necesarios para realizar as oportunas reclamacións xudiciales, no caso de que as eléctricas non accedan a reintegrar a totalidade das cantidades facturadas de xeito indebido.
“Isto é unha mostra máis de que nos estamos a preocupar máis pola defensa dos intereses dos veciños de Alfoz algunhas persoas da oposición que o equipo de goberno do PP”, manifestou Iván Marrube.