Site icon Crónica3.com A Mariña

ABSA e ACIA Burela fan entrega das cestas de peixe da campaña “Ponte de peixe en Burela”

ABSA e ACIA Burela fixeron entrega esta semana das cestas de peixe que se sortearon tra-las respectivas campañas de “Ponte de Peixe en Burela” a finais do ano 2013.

Esta campaña está organizada pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela e inclúe cada ano tres xornadas gastronómicas nas diferentes pontes festivas dos últimos meses do ano: outubro (bonito), novembro (merluza) e decembro (pulpo). En cada unha delas sorteouse unha cesta de peixe doada por ABSA e valorada en 500 euros entre todos os participantes que selaran a súa tarxeta de participación en catro dos locais que participaban na campaña.

As tres cestas, doadas por Armadores de Burela, están compostas por peixe variado e valoradas en 500 euros cada unha. Os gañadores deste ano foron José Antonio Ramos Fra, Judith Rodriguez Valcarcel e María Concepción Repiso Fuentes. O presidente de ABSA, Abelardo Basanta Fra, e o directivo de ACIA Burela, Marcelino Suárez, fixeron entrega dos premios na lonxa de Burela.

Exit mobile version