Site icon Crónica3.com A Mariña

Aarón, Luismi e Mamadou poñen rumbo ó Campionato de España de Cidade Real

A ED Burela FS e a comarca da Mariña contarán con tripla representación sobre as pistas no Campionato de España de Seleccións Autonómicas, que se disputará en Almagro (Cidade Real) entre os días 11 e 13 de abril, reunindo as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Os laranxas Aarón Fernández e Mamadou Diouf defenderán a Galicia Cadete e Luismi Nieto lucirá a camisola do combinado irmandiño infantil, dirixido polo tamén mariñán Ibán García.

Galicia Infantil medirase en primeira instancia a Castela-A Mancha o venres 11, ás 17.00 horas, no pavillón Moral Calatrava. No Carrión Calatrava disputarán o segundo cruzamento Estremadura e Andalucía. Galicia Cadete, pola súa banda, inaugurará o Nacional ás 19.00 horas, no Moral Calatrava, ante Valencia. Estremadura e Andalucía veranse as caras, á mesma hora, no Carrión Calatrava.

As expedicións galegas partirán o xoves cara ao seu destino no Nacional.

Exit mobile version