Site icon Crónica3.com A Mariña

‘A última polavila’ en RegalXunqueira

expo-polavidaVicente Ansola, o retratista de Vilaeimil, inaugura a mostra “A última polavila” no Complexo Cultural RegalXunqueira o vindeiro luns 7 de abril ás 20.00 horas. Trátase dunha colección de fotografías realizadas para o libro “EVOQUE” editado e presentado por Hasselblad no ano 2012 xunto con varios traballos dos fotógrafos gañadores do “Máster Hasselblad 2012”. As fotografías son unha continuación do traballo publicado no libro “Os pobos das néboas”, no 2010, que recolle a desprotección do “Triángulo dos Trasnos”, en Vilarxubín, patrimonio de arquitectura popular.

Exit mobile version