A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO, unha das mellores achegas musicais dos últimos anos para público infantil represéntase este xoves día 10 no auditorio municipal Hernán Naval. Con esta nova proposta Magín Blanco convídanos a vivir unha historia de aventuras coa que continuan a descubrir o mundo e os seus segredos. A función terá lugar ás 11.30 h e a ela acudirá alumnado dos centros de ensino de Ribadeo que traballaron previamente a música na clase. Pode acudir tamén calquera persoa interesada á que llo permita o horario. Prezo da entrada: 2’5 €.
