Site icon Crónica3.com A Mariña

A Liga Prebenxamín da Mariña chega ó seu remate

A Liga Prebenxamín de Fútbol Sala da Mariña, organizada pola Fundación Imdecum, porá o broche final á súa primeira tempada, 2013-14, cun torneo de despedida este sábado en Burela. Os pavillóns Monte Castelo e Vista Alegre acollerán os encontros de Prebenxamín 1 e Prebenxamín 2 dende as 10.00 horas.

Ás 13.30 horas, o acto clausurarase en Vista Alegre coa entrega de trofeos e medallas da liga. Recibirán os galardóns de campións AD Santiago de Foz, por partida dobre, en Prebenxamín 1 e na segunda volta de Prebenxamín 2, e o AD Praia de Covas, primeiro clasificado na primeira volta de Prebenxamín 2.

A Liga Prebenxamín da Mariña FS de Imdecum arrincou en novembro de 2013, cun total de oito clubs. AD Santiago de Foz, AD Praia de Covas, ED Burela FS, Escolas Celeiro Xove FS, EDM Cervo, ED Lourenzá e Cidade de Viveiro participaron en Prebenxamín 1. Prebenxamín 2 contou coa representación de AD Santiago de Foz, AD Praia de Covas e ED Burela FS, coa incorporación de ACD Xove.

Exit mobile version