Site icon Crónica3.com A Mariña

80 expositores participarán entre este venres e o domingo na feira de stocks de Vegadeo

Vegadeo, 17 de abril de 2014. O recinto feiral de Vegadeo acolle a partir deste venres 18 de abril e ata o domingo 20 unha nova edición da feira de stocks que nesta ocasión contará con 80 expositores. A entrada ó certame é gratuíta.

O número de postos incrementouse nunha vintena respecto á edición do ano pasado e nos stands haberá unha variada oferta de roupa e calzado para todas as idades, mobles, libros e a principal novidade deste ano é un expositor de videoxogos. Na feira participan comerciantes procedentes de Asturias, Galicia, Madrid, Burgos e Portugal.

O recinto feiral de Vegadeo estará aberto todos os días do certamen en horario de mañá e tarde.

Exit mobile version