A Cooperativa Terras da Mariña, en colaboración co Concello de Lourenzá, organizan unha xornada impartida por La Caixa sobre liñas ICO e financiamento para o sector agrario (anticipos da PAC, préstamos de campaña, leasing, renting, convenios coa Xunta ou préstamos, entre outros). A xornada terá lugar este xoves 27 de marzo no Salón de Actos da Casa do Concello entre as 21.00 e as 22.00 horas. Tamén informarán sobre outros servizos coma tarxetas de gasóleo bonificado ou agroseguros.