A información espallada polos xornáis,fai que o cronista saúde con ledicia a nova que confirma a obra que garante o futuro do coidado e atención da vellez ; servizo que se presta en Foz dende hai mais de 75 anos, grazas ós benfeitores históricos do pobo: os Martínez Otero que , entre o valioso legado figura o fermoso asilo, fachenda e honra dos focegos, polo empaque na paisaxe urbá e pola exemplar labor desenvolvida ó longo de tantos anos. Por veciñanza e relación, nas tres primeiras décadas da nosa vida, fumos testigo de excepción da entrega, do sacrificio e altruismo; do traballo ímprobo que lograba o milagre diario da supervivencia, sen medios, das mais de medio cento de persoas, boa parte dependentes, que residían baixo o teito.acolledor Só manter o estatus de impecable limpeza e hixiene, sen màquina auxiliar algunha, permite valorar, de forma obxetiva, cál era o nivel de esforzo sobre todo das monxas ,dedicadas en corpo e alma ó ben común.É certo que daquela a hoxe cambearon moito as cousas; o relator mantén na memoria os tempos da adolescencia e xuventude, coincidentes coa miseria da posguerra, aniquilados os valores:morais, intelectuais, laborais, económicos..e de todo orde,.sen recursos nen auxilios de tipo algún, non quedaba outra, para os vellos, sobre todo,que botarse por camiños e estradas a pedir esmola. Os tempos son outros, pero o xeriátrico segue a ser para os pobos necesidade apremiante: e mais onde, como a nosa terra, conta cunha cidadanía envellecida e cada vez mais lonxeva. A actualidade e o interese do tema traenos o recordo de mil vivencias; e tivo outro efecto: lembrar que, coma o ciprés de Delibes, tamén a sombra dos Martínez Otero é alongada: a Fundación por eles inastituída hai preto dun século, doou os terreos para construir o xeriátrico, cando, casualmente pouco hai, os munícipes (¡por unanimidade!) negaron un modesto homenaxe á parella, con motivo das vodas de pratino do asilo.A actitude pouco sorprendeo: certas sensibilidades e a cortesía son valores anímicos, alleos, polo tanto á galaxia pola que transitan os nosos políticos de toda índole e condición. Penoso.