Site icon Crónica3.com A Mariña

Vista Alegre acollerá este sábado o V Torneo de Ximnasia Rítmica de Porta Norte

cartel2014torneoMércores 26 de marzo.- O pavillón Vista Alegre de Burela acollerá este sábado, 29 de marzo, o V Torneo de Ximansia Rítmica Concello de Burela, baixo a organización da escola mariñá Porta Norte coa presenza de máis de 300 ximnastas procedentes de dez clubs galegos.

Xunto as anfitrionas, saltarán ao tapiz de Vista Alegre a Escola Municipal de Xove, Club Ximnasia Becerreá, Club Quicela de Monforte de Lemos, Club Violeta de Baamonde, Club Xirandela de Sarria, Asociación Deportiva Aixa de Sarria, Escola Municipal de Fene, Club Esquío de Ferrol e Club Brío de San Sadurniño.

A cita, que conta coa colaboración da Fundación Imdecum e Eroski Center, ademais do municipio, arrincará ás 12.00 coa competición de conxuntos de Promoción e exhibición de ximnastas individuais, e terá continuidade tras o xantar, ás 16.30 horas, coa competición Escolar.

Exit mobile version